Os colexios privados pontevedreses perden alumnos en favor da educación pública
Por Oskar Viéitez
Os colexios públicos da provincia de Pontevedra gañaron 97 nenos, fronte aos case douscentos que perdeu a educación privada e concertada, segundo os datos ofrecidos pola Xunta.
Na cidade do Lérez os alumnos de infantil matriculados nos centros públicos duplican aos da privada, onde estudarán 920 pequenos. En canto a primaria os colexios públicos acollen 3.512 alumnos e o resto, 1.854.
O curso escolar comeza mañá mércores en todos os colexios do municipio para os nenos entre 3 e 12 anos cunha matrícula que rolda os 8.300 alumnos, un 65% deles nunha vintena de colexios públicos.
Na provincia de Pontevedra o curso arranca con 392 nenos menos que o pasado ano cando se matricularon 77.713 menores de educación infantil e primaria.