Máis de 450.000 euros para mellorar a seguridade viaria na estrada entre Curro e Portela en Barro
Por Redacción
A Xunta de Goberno da Deputación aprobaba este venres a achega de máis de 1,6 millóns de euros para os municipios de Cuntis, Barro, Poio e Redondela.
Dentro do Plan Concellos 2020, Cuntis, Poio e Redondela recibirán máis de 1,2 milllones de euros para rehabilitar antigas edificacións e impulsar actuacións de mobilidade e seguridade viaria.
En Poio achegaranse desde a Deputación máis de 711.000 euros para impulsar dúas actuacións. A primeira permitirá finalizar a actuación integral da mellora de mobilidade e seguridade na zona da Seara, onde xa se realizou un investimento de 500.000 euros. Ademais, reformarase o edificio e os exteriores do Pazo de González Besada para instalar alí as oficinas dos servizos sociais do municipio
En Cuntis investiranse 100.000 euros para rehabilitar de maneira integral o edificio dos antigos telégrafos para uso municipal. Reformarase a estrutura da antiga edificación creando un espazo aberto e flexible no que se situará un espazo multiusos, unha oficina e un almacén.
Por último, a Xunta de Goberno aprobou a realización do novo proxecto de mellora da seguridade viaria, que ascende a máis de 453.000 euros. Actuarase nun tramo de 3,7 quilómetros na estrada Curro-Portela de titularidade provincial ao seu paso por Barro. Adaptarase ao modelo de mobilidade amable e sostible, que promove a Deputación Provincial.
Está previsto que se limpen as marxes e repóñase o firme, coa mellora do cruzamento coa estrada municipal. Crearase unha semiglorieta ao comezo da estrada, renovando a sinalización para ofrecer unha mellora na seguridade viaria desta vía.