O Grove renova o firme en dous camiños rurais de Reboredo e Ardia
Por Redacción
O Concello do Grove está a poñer en marcha a mellora da capa de rodadura de dous camiños rurais situados no lugar de Reboredo, na parroquia de San Vicente, e no lugar de Ardia, na parroquia de San martiño.
A intervención terá un custo de 37.200 euros que foron obtidos a través do Plan Marco de Mellora de Camiños Municipais de Acceso a parcelas agrícolas 2020-2021 cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEDER) ao amparo do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020.
O camiño de Reboredo atópase en mal estado de conservación debido ás raíces das árbores que están situadas nas marxes e que levanta o pavimento en varias zonas.
O camiño real de Ardia, que data de moitos séculos atrás ao ser un dos camiños principais de entrada a Vila dende o Istmo da Lanzada, conta con características peculiares, ao tratarse dunha vía cun ancho maior ao habitual (o ancho dun carro) xa que permitía a circulación en dúas direccións. Coa presente obra mellorarase a capa de rodadura deste camiño que da acceso a moitas fincas.
DOUS NOVOS AXENTES Á POLICÍA LOCAL
Por outra banda o Concello do Grove incorpora dous novos axentes á Policía Local o próximo ano. Deste xeito conseguiríase contar con 14 efectivos.
O goberno local estima que mellora a situación pero aínda está lonxe dos 17 necesarios (que eran dos que se dispoñía hai algúns anos).
Dende o Concello do Grove mantense o compromiso de seguir avanzando en conseguir o número de efectivos necesarios para garantir o servizo que a veciñanza da localidade precisa.