Xa está en marcha o portal de venta "Merca no Grove"
Por Redacción
Dentro do plan de apoio ao comercio local o Concello do Grove ven de poñer en marcha "Merca no Grove".
Trátase dun portal de venda online desenvolto pola empresa local Imaxina ao que se adscribiron inicialmente 37 comercios da localidade.
Artesanía, decoración, accesorios, deporte, xoiería... son algunhas das ofertas do comercio local nas que os consumidores poderán facer as súas compras en liña, recoller o pedido en tenda ou recibilos no seu domicilio.
A iniciativa foi financiada integramente polo Concello e está aberta a todos os comercios locais que queiran formar parte, facilitándolle un espacio auto-xestionado no que poden presentar os seus produtos.
É un primeiro punto de partida para poñer en marcha as correspondentes accións de promoción e dinamización do comercio local en torno a esta plataforma e á grande oferta da que dispoñen.