Os Premios Provinciais á Xuventude xa teñen gañadores
Por Redacción
Este sábado celebrouse a gala da cuarta edición dos Premios Provinciais á Xuventude, premios que se outorgan a mozos e mozas da provincia de entre 16 e 35 anos e que se presentan en oito categorías distintas.
A celebración estivo encabezada pola presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva e acompañada polos deputadas e aos deputados provinciais. A artista Cora Velasco foi a encargada de presentala. Pola súa banda, Jairo Daponte, o mozo que gañou o primeiro premio na categoría de 'Outros xéneros' interpretou tres pezas instrumentais da súa autoría, entre elas a que lle valeu este premio.
Con aforo reducido e acceso con invitación previa, o Salón de Plenos do Pazo Provincial abriuse para celebrar o recoñecemento do talento de 34 mozos e mozas de 18 concellos da provincia "e que non renuncian a expresar as súas inquedanzas a través da música, a escrita, a imaxe, a iniciativa social ou o emprendemento empresarial".
Durante o acto, Carmela Silva agradeceu as intervencións dos premiados, que abordaron cuestións como a violencia machista, a precariedade laboral, o deterioro do medio ambiente, o maltrato á inmigración ou o castigo á cultura durante a pandemia. Tamén expresou a súas gañas de recuperar canto antes a música e o teatro en directo, o cine e tantas outras expresións culturais que están a sufrir nos últimos meses. Neste eido concluíu remarcando dous proxectos cos que a Deputación pretende axudar a visibilizar ás creadoras e creadores da provincia, como son a Escola de Letras, iniciativa compartida con Editorial Galaxia, e o programa "Descúbreas", co que se dá voz ás mulleres novas que buscan un oco no mundo da música.
A presidenta reivindicou á mocidade nestes tempos convulsos dende o convencemento de que a xente nova está chamada a "rachar cun discurso que nos molesta particularmente e que consiste en defender que calquera tempo pasado foi mellor e que a mocidade de hoxe está acomodada e ten menos compromiso", e contextualizou a organización destes IV Premios á Xuventude como "un intento de abrir unha fiestra" e "recuperar a alegría e ilusión que o talento novo representa".
PREMIADOS
No apartado de Iniciativa Empresarial o primeiro premio foi para o proxecto "Bilurico Ready to Drink Tea", de Iago Radio Rodríguez (Cambados), o segundo premio, para "UTMD STUDIO", da Asociación Estudiantil UVIGO Motors (Vigo) e o terceiro para "AC Cutom Textil", de Vanesa Míguez González (Ribadumia).
En Educación en valores obtivo o primeiro premio o Club da Igualdade, do IES Auga da Laxe (Gondomar), o segundo, para o podcast "Unha historia digna de escoitar", do IES Illa de Ons (Bueu) e o terceiro para o programa de mediación "Entre iguais", do IES Antón Alonso Ríos (Tomiño).
En Contidos dixitais, apartado Audiovisual, premiouse o documental histórico de Francisco Leboso Fernández (O Porriño) "Ecos da Historia". O segundo premio foi para a reportaxe "A UE e a crise dos refuxiados", de Marta Magdalena García (Nigrán) e o terceiro, na canle de YouTube Robertowski, de Roberto Pastoriza Rodríguez (Bueu).
No apartado de Contidos dixitais Web-Blog quedou deserto o primeiro premio. O segundo foi para "Rías Baixas, destino de película", de Cristina Loureiro Martínez (Pontevedra) e o terceiro para o blog "Fútbol a bote pronto", de Rodrigo Cumbraos López (Pontevedra).
No bloque de Música, apartado Outros Xéneros, o primeiro premio foi para Jairo Daponte (Mos), polo seu tema "Aware". O segundo, para Helena Egea (Pontevedra), por "Glass". E o terceiro para Brais Orge (Ponte Caldelas), por "Keeps me high".
En Música Clásica quedou deserto o primeiro premio. O segundo foi para a pontevedresa Nuria Casas por "Impromptu" e o terceiro premio foi para "Hasta aquí hemos sido muy corteses con las mujeres (F. Nietche)", de Sara Mínguez (Vigo).
No apartado de Banda Deseñada só se outorgou o segundo premio para Sabela Domínguez (Cambados).
En Narrativa o primeiro premio foi para "O mundo dos seus ollos", de Iván Silva Lorenzo (Vigo); o segundo para "A casa do Coto", de Ana Iglesias (Ponte Caldelas) e o terceiro para "Ain’t no sunshine when she’s gone", do pontevedrés Alexandre Ferńandez Peón (Pontevedra).
En Poesía, o primeiro premio gañouno a composición "Recuerdos", de Samuel Parada (Moaña), o segundo para "Estatuas de sal", de Carolina Sertal Souto (Redondela) e o terceiro para "Mulleres tiñan que ser", de Belén Viéitez (Moraña).
Na Serie Fotográfica os premios foron para "Rapaces do mundo", de Claudia Gómez (Pontevedra), "Do noso: paisaxe de dentro e de fóra", de Sergio Vidal (Sanxenxo) e a "Viaxe polo norte", de Roque Beloso (Pontevedra).
O premio á mellor Fotografía foi para a imaxe "Cultura segura", de Helena Constela (Poio). O segundo premio, para "A velocidade do tempo", de Alma Alonso Costas (Gondomar). E o terceiro, para "Xélido afervoado", de Iago Manoel Souto Lorenzo (Ponte Caldelas).
Por úlimo, na categoría de Deseño e Moda o primeiro premio foi para Míriam Cartagena Sánchez (Nigrán), polo seu estilismo en cinco pezas "Madame de la Rue Simon Crubellier" e co cal se vestiu Cora Velasco durante a gala. O segundo premio quedou deserto e o terceiro gañouno Alba Vidal, de Pontevedra, pola súa colección "But Tht’s ok", Alba Vidal.
REACCIÓN POLO CLIMA
A última novidade da Gala foi a entrega dos premios do concurso de vídeo Reacción polo Clima, que gañaron Iago Rodríguez Torres e Manuel Albariñas, ambos de Marín, pola peza "Inconsciente". O segundo premio foi para Carmen Villanueva Ansedes (Silleda), por "Non pases de largo". En terceiro lugar, mereceu recoñecemento o traballo "Pequenos xestos, grandes cambios", da viguesa Isabel González Vieites.
Relacionadas:
-
Ábrese o prazo para presentarse ao Premios Provinciais á Xuventude de 2021
Por Isabel Feijóo Gallardo |
-
Pablo Prado e Miguel Rojo gañan o certame de banda deseñada do Garaxe Hermético
Por Redacción |
-
A Deputación convoca o concurso ‘Reacción polo Clima’ para pezas audivisuais de xente nova
Por Noticia patrocinada |
-
Presentan 85 proxectos aos Premios á Xuventude da Deputación
Por Redacción |
-
A Deputación abre o prazo de presentación de proxectos para os premios á mocidade
Por Redacción |