Infraestruturas aproba a mellora da ligazón da VG-4.1 coa PO-504 en Sanxenxo
Por Redacción
A consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica este martes no Diario Oficial de Galicia a aprobación do proxecto de mellora da capacidade da ligazón da autovía do Salnés coa estrada PO-504 en Sanxenxo.
A Xunta achegará un investimento de preto de 340.000 euros para acometer unhas obras que teñen un prazo de execución de 12 meses.
Trátase dunha actuación de reforzo da seguridade viaria na ligazón da autovía AG-41 e a vía de alta capacidade VG-4.1 coa PO-504. O obxectivo é mellorar a fluidez da circulación en momentos de moita afluencia de tráfico que poidan chegar a afectar á vía rápida.
Actualmente, os vehículos procedentes da Lanzada en dirección Sanxenxo percorren un ramal de saída de 200 metros de lonxitude no que se crean notables retencións pola existencia dun stop no final da vía. Para solucionalo, modificarase este ramal eliminarase o stop e executarase un novo ramal cun radio de xiro adecuado e ampliarase a calzada no tramo de estrada entre a glorieta que conecta ambas as estradas.
Puntualizan desde a Consellería que esta actuación é compatible co desdobramento da vía de alta capacidade VG-4.1 previsto na planificación da Xunta.
Relacionadas:
-
Comeza o proceso de expropiación de terreos para mellorar a ligazón da Autovía do Salnés en Sanxenxo
Por Redacción |
-
A Xunta construirá en Sanxenxo unha senda peonil na contorna da Autovía do Salnés
Por Redacción |
-
Unha ducia de empresas poxan por reformar a saída da vía rápida do Salnés cara a Sanxenxo
Por Redacción |
-
A conexión da Vía Rápida do Salnés coa PO-504 en Sanxenxo desdoblarase tras o verán
Por Redacción |
-
O DOG publica o decreto de expropiacións para a reforma do enlace da Autovía do Salnés en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Impulso ao proxecto que mellorará a fluidez do tráfico no enlace entre a autovía do Salnés e a PO-504
Por Redacción |
-
A Autovía do Salnés rexistra retencións quilométricas
Por Redacción |