Baixan ata os 179 os casos activos de coronavirus na Boa Vila
Por Oskar Viéitez
Os alcaldes de Pontevedra, Poio, Marín, Bueu, Sanxenxo, Ponte Caldelas, Vilaboa, Soutomaior e Cerdedo-Cotobade participaron este mércores na reunión co xerente da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés para avaliar a situación da pandemia nesta zona.
Este mércores 23 de decembro, en Pontevedra capital hai 179 casos activos de covid-19. Son 14 persoas menos que onte martes. A incidencia acumulada a 14 días é de 178 casos por cada 100.000 habitantes e a 7 días é de 57.
Marín ten este mércores 47 casos activos, tres menos respecto a onte, e unha incidencia acumulada a sete días de 37 e a catorce días de 148. En Sanxenxo son 63 casos activos, dous menos que o martes e en Poio, 44 casos, tres menos que onte.
Segundo indicou o xerente da área sanitaria José Ramón Gómez, a situación continúa estable, pero é preciso seguir mantendo a vixilancia e as restricións, especialmente de cara ás datas que estamos a atravesar.
No caso de Bueu, despois de comunicar hai unha semana que o municipio se atopa en nivel de alerta máxima, a día de hoxe son 74 os casos positivos, e se está valorando comezar cun cribado por sectores de poboación, que a Xunta concretará e detallará nos próximos días.
Relacionadas:
-
Pontevedra chega a Noiteboa con 904 casos activos por covid-19 tras 60 novos contaxios
Por Alejandro Espiño |
-
Descende a 25 o número de novos casos de covid detectados por PCR nas últimas 24 horas
Por Redacción |
-
Medio cento de persoas enfermas por covid-19 permanecen ingresadas na área sanitaria de Pontevedra - O Salnés
Por Redacción |
-
O Plan de Nadal reláxase do 23 ao 25: as cidades abren para visitas familiares
Por Natalia Puga | Creada e actualizada