Marín selecciona os gañadores do seu concurso de decoración de Nadal
Por Redacción
O xurado do primeiro concurso de decoración de Nadal do Concello de Marín reuniuse este mércores para conceder os premios das cinco categorías que compoñen o certame. As concelleiras Cristina Acuña, Raquel Soage, Itziar Álvarez e as veciñas Rosa María Fariña e Cristina Barreiro estudaron as propostas dos 104 participantes antes de emitir o seu veredicto.
Despois de visitar de forma presencial aos finalistas de cada categoría, o xurado asegurou que o nivel alcanzado no concurso foi "moi alto, o que denota que a veciñanza e os comerciantes queren mostrar o seu apego a este Nadal tan estraño e diferente".
A relación de gañadores é a seguinte:
Comercio e/ou negocio:
1º premio: Carmencitas Moda Infantil – 300 euros
2º premio: María José Estilistas – 200 euros
Sorteo entre os participantes: Mariam (MºAntonia Magariños) – 100 euros
Hostelería:
1º premio: Los 3 Monos – 300 euros
2º premio: Os Cregos – 200 euros
Sorteo entre os participantes: Vinoteca Agustín – 100 euros
Comunidade de veciños:
1º premio: C.V. Vergel 1 – 300 euros
2º premio: C.V. Virgen del Puerto – 200 euros
3º premio: C.V. Hermanos Pintos – 100 euros
Sorteo entre os participantes: C.V. Augusto Miranda 1 – 100 euros
Ventá ou balcón:
1º premio: Carmen Blanco Aguete – 300 euros
2º premio: Mercedes Fernández Barreiro – 200 euros
3º premio: Elisabeth Iglesias Gil – 100 euros
Sorteo entre os participantes: Dolores Santo Vidal – 100 euros
Vivenda unifamiliar:
1º premio: Josefa Soage Pintos – 300 euros
2º premio: Sonia Pazos García – 200 euros
3º premio: Manuel Montenegro Iglesias – 100 euros
Sorteo entre os participantes: Ana María Cruz de Pazo – 100 euros
Relacionadas:
-
Marín fai balance da actividade da Biblioteca Pública e entrega os premios de decoración de Nadal
Por Redacción |
-
O Concello sorteará 100 tarxetas regalo por valor de 50 euros para gastar nos comercios e locais de Marín
Por Redacción |
-
Marín convoca o Concurso de Decoración de Nadal e anuncia a suspensión do Mercado tradicional
Por Redacción |