A ruta ciclista entre Pontevedra e O Grove xa está sinalizada
Por Redacción
Os preto de 50 quilómetros que forman parte do roteiro ciclista coñecido como Ruta do Sol, entre Pontevedra, Poio, Sanxenxo e O Grove, xa están sinalizados.
O goberno galego, a través da Consellería de Infraestruturas, completou a instalación destes sinais polo roteiro.
En total, colocáronse 30 indicadores, 14 sinais e 16 paneis de grandes dimensións para advertir os condutores da presenza habitual de ciclistas deportivos, un colectivo que circulan a unha velocidade maior polo que deben desprazarse pola calzada.
O obxectivo desta actuación, que se repetiu noutros roteiros ciclistas de Galicia, é aumentar a seguridade en todo o seu trazado, a través dun incremento cualitativo e cuantitativo destes indicadores.
Este roteiro ten unha lonxitude de 48,3 quilómetros en sentido circular e transcorre por sete estradas autonómicas, PO-531, PO-308, PO-504, PO-550, PO-316, PO-312 e PO-317, onde se colocaron estes indicadores.