Mosquera, sobre o futuro da Brilat: "Propietarios e Defensa están condenados a entenderse"
Por Redacción
Tras a última reunión entre os comuneiros de Salcedo e representantes do ministerio de Defensa para establecer o canon dos terreos que ocupa a Brilat, o concelleiro do grupo de goberno municipal, César Mosquera, avaliou como se está a desenvolver esta negociación: "Segue a súa lóxica tal e como se enfocou".
O edil mostrouse optimista de cara á chegada a un acordo: "Propietarios e Defensa están condenados a entenderse" e engadiu que o Ministerio non ten as mans libres para negociar neste momento e que o tempo curará as asperezas que mostran os comuneiros. "Sería case imposible que non rematasen dunha maneira lóxica. Aínda queda moito recorrido" sentenciou.
Ao ser preguntado sobre a intervención do goberno local neste conflito, César Mosquera indicou que "o traballo que sae publicamente é unha parte mínima do traballo que facemos. Pero o Concello nunca vai dicir nada que poida dificultar ás partes chegar a un acordo".
E repetiu o mesmo que respondera o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores no pleno ante as preguntas do portavoz do PP, Jacobo Moreira: "O Concello fixo, según a súa responsabilidade, o que tiña que facer".