Sorprenden dezasete persoas de botellón en Pontevedra na véspera da Noiteboa
Por Redacción
Ata dezasete persoas foron denunciadas pola Policía Local de Pontevedra por participar nun botellón que os axentes disolveron en Pontevedra.
Foi na véspera de Noiteboa, na tarde do pasado 23 de decembro. Estes mozos estaban a beber na vía pública, concretamente na Ribeira dos Peiraos.
Esta foi a principal intervención policial nestes días festivos, nos que se estableceron diferentes controis no mercado de abastos, a zona comercial, as inmediacións dos supermercados e nas zonas de lecer.
Nas noites do 23 e 24 de decembro, a Policía Local participou en controis conxuntos por Pontevedra xunto a efectivos da Policía Nacional e da Policía Autonómica.
En total, foron denunciadas sete persoas (cinco delas en Noiteboa) por traspasar o peche perimetral de Pontevedra sen causas xustificadas.
Ademais, na tarde do día de Noiteboa houbo un operativo especial de control na Praza da Verdura, sen que se detectaran infraccións.
Relacionadas:
-
O Concello estuda revisar a ordenanza que regula o botellón ante a lei da Xunta que prohibe a súa celebración
Por Natalia Puga |
-
Corenta e cinco persoas denunciadas por incumprir no Nadal as restricións pola covid-19
Por Redacción |
-
Denuncian oito universitarios que hacían un botellón ilegal en Lourido
Por Redacción |
-
Desmantelan unha festa con 26 persoas nun baixo da Praza do Teucro
Por Alejandro Espiño |
-
Dous bares de Pontevedra denunciados por incumprir o peche da hostalería
Por Redacción |