Tres puntos de Ponte Caldelas estrean mobiliario urbano
Por Redacción
Tres puntos de Ponte Caldelas estrean novo mobiliario urbano. O Concello de Ponte Caldelas acaba de instalar tres bancos, catro xardineiras e tres papeleiras.
Os bancos de madeira están tratatos contra a humidade, contan con respaldo e miden 3,5 metros de largo. Incorporan dúas tomas USB para recarga de dispositivos móbiles e a parte inferior do banco está retroiluminada con LED.
As papeleiras son fabricadas en aceiro zincado, contan con tapa superior e tapa frontal e dispoñen de cinceiro desmontable.
As xardineiras están realizadas en aceiro galvanizado e posterior tratamento en zinc e lacado e dispoñen tamén dunha tira LED para a iluminación nocturna. Contan, ademais, cun áxil sistema de desmontaxe que permite que ocasionalmente se poidan desmontar para permitir espazos diáfanos.
Todo o mobiliario ten un prazo de garantía de dous anos e o Concello explica que ten o obxectivo de seguir mellorando a vila ao tempo que delimitan o paso dos cidadáns de xeito ordenado e controlado.