Lixeiro descenso de casos de covid-19 en Pontevedra, Poio e Sanxenxo mentres seguen medrando en Marín, Bueu e Barro
Por Natalia Puga
A evolución epidemiolóxica da covid-19 é desigual na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Mentres en Pontevedra, Poio e Sanxenxo descenden os casos activos, noutros municipios como Marín, Barro ou Bueu segue aumentando a curva.
Segundo os datos facilitados pola Xerencia da área sanitaria aos alcaldes, no Concello de Pontevedra hai este luns un total de 171 casos activos, oito menos que o domingo.
En Poio, con peche perimetral conxunto con Pontevedra e Marín, tamén baixou a incidencia e hai 54 casos, uno menos nun día.
No caso do terceiro municipio con peche perimetral, Marín, a evolución é a contraria. Segundo os datos actualizados da Consellería de Sanidade, hai 39 casos activos, un máis.
Sanxenxo ten 47 casos, catro menos nunha xornada, mentres que na comarca de Arousa non se rexistran cambios nos municipios de Vilanova e Vilagarcía, que teñen 5 e 116 casos, respectivamente, os mesmos que o domingo.
Barro e Bueu teñen unha evolución ascendente. En Barro hai este luns un total de 30 casos positivos, un máis que o domingo, e o Bueu hai 81, cinco máis.
Relacionadas:
-
Evolución desigual da covid-19 por concellos: Sanxenxo chega a unha incidencia acumulada de 340 e Marín baixa a 102
Por Natalia Puga |
-
Preocupante aumento das hospitalizacións por covid-19: 50 en planta e once na UCI
Por Alejandro Espiño |
-
Aumentan a once os pacientes con covid-19 na UCI de Montecelo
Por Alejandro Espiño |