Evolución desigual da covid-19 por concellos: Sanxenxo chega a unha incidencia acumulada de 340 e Marín baixa a 102
Por Natalia Puga
A evolución da pandemia da covid-19 é desigual na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés e deixa cifras moi diferentes en función do municipio. Así, fronte a concellos como Sanxenxo no que a incidencia acumulada de casos por 100.000 habitantes a 14 días chega aos 340, outros como Marín vive unha tendencia á baixa que a sitúa nunha incidencia de 102.
Este martes a Xerencia da área sanitaria facilitou datos detallados da situación epidemiolóxica aos alcaldes dos municipios con restricións nunha reunión telemática. Os de Pontevedra, Poio, Marín, Bueu e Soutomaior realizaron unha conxunta.
A Sanxenxo comunicáronlle que teñen 40 casos activos de coronavirus. A pesar de que supón un descenso de sete pacientes con respecto ao luns, a situación do concello segue sendo delicada cunha incidencia acumulada a 7 días de 144 e a 14 días de 340 casos.
En Pontevedra cidade, hai 157 casos activos, 14 menos que o luns, e deixa unha incidencia acumulada a 14 días de 156 e a 7 días de 95.
En Marín, hai 38 casos activos, un menos que o luns, e un total de 391 contactos están en seguimento. A incidencia para acumulada é no últimos sete días de 49 e en 14 días, de 102.
En Poio, hai 53 caos activos, 1 menos que o luns. A IA é de 111 a 7 días e de 249 a 14 días.
En Barro, este martes o alcalde coñeceu os detalles das novas restricións que entrarán en vigor a medianoite, entre elas o peche perimetral. Pasa a estar no nivel de restricións medio alto polo aumento de casos dos últimos días. Este martes ten 31 casos, un máis que o luns.
O alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, explicou que ""son varios os brotes sociais e familiares os que nos levaron a esta situación" e pediu á poboación que sexa consciente de que "aínda que nos encontremos ben podemos estar infectados sen sabelo, polo que toda precaución sempre é pouca".
En Bueu, hai 79 casos activos, dous menos que o luns e estase realizando un cribado a 130 persoas relacionadas coa hostalería. O alcalde, Félix Juncal, pide á poboación que " é imprescindible seguir sendo prudentes e pacientes" e cumprir con todas as recomendacións das autoridades sanitarias.
En Vilagarcía, os casos activos baixaron a 106, 10 menos que o luns. O municipio ten unha incidencia a 14 días de 283 e a 7 días de 178.
En Vilanova de Arousa, non hai cambios nos casos activos cinco en total.
Relacionadas:
-
Pontevedra, Bueu e Vilagarcía encabezan a baixada de infeccións activas na comarca nunha xornada con poucas PCR
Por Diego Espiño |
-
52 pacientes covid recibirán o 2021 ingresados nos hospitais da área sanitaria
Por Anxo Lourido |
-
Os contaxios diarios ascenden a 53 nunha xornada con once pacientes de novo na UCI
Por Alejandro Espiño |
-
Sanidade fará un cribado xeneralizado a toda a poboación da Illa, o concello "que máis preocupa, sen ningunha dúbida"
Por Natalia Puga |
-
Barro pasa nunha semana do nivel básico de restricións ao medio alto polo avance imparable da covid-19
Por Natalia Puga |
-
Lixeiro descenso de casos de covid-19 en Pontevedra, Poio e Sanxenxo mentres seguen medrando en Marín, Bueu e Barro
Por Natalia Puga |