A Cultural de Forzáns recupera as chaves do centro sociocultural tras a súa disputa co Concello
Por Redacción
A directiva da Asociación Cultural O Torreiro de Forzáns recuperará as chaves do centro sociocultural da esta parroquia de Ponte Caldelas despois de que o Concello decidise cambiar a fechadura ao entender que esta entidade estaba a organizar actividades sen as correspondentes precaucións sanitarias.
"O presidente Antón Xil recibiu unha chamada da Alcaldía para facer efectiva, mañá mércores, a devolución das chaves do Centro Sociocultural aos veciños e veciñas de Forzáns", explican nun comunicado.
Desde a agrupación agradecen todas as mostras de apoio recibidas nas últimas datas ante o que consideran "unha situación inédita e inxustificada". Coa chegada do 2021, desde a Cultural esperan que este acto supoña o reinicio dunha nova relación de estreita colaboración entre o Concello e as asociacións veciñais de Forzáns sempre pola vía do diálogo e o entendemento na procura do mellor para os veciños da parroquia.