Esta Noitevella, toca 'esmorga online' de bar en bar de Pontevedra
Por Redacción
'Esmorga online'. Detrás deste título escóndese a proposta que o Local de Música de Pontevedra para pasar esta Noitevella na que as celebracións para recibir 2021 deberán ser na casa e en pequenos grupos familiares. Trátase dunha lista musical na aplicación Spotify que recolle todas as propostas do propio local e de locais de hostalería da cidade.
A proposta xurde da Concellaría de Xuventude, que dirixe Alberto Oubiña, e conta coa colaboración de 13 locais de hostalaría da cidade. Entre todos, crearon unha playlist con preto de 2.000 cancións, o que se corresponde cunhas 120 horas de música, que se poderá escoitar no Spotify do Local de Música.
O programa denomínase 'esmorga online' e, dentro do perfil de Spotify do Local, os usuarios poderán ir de bar en bar escoitando a selección de música que foi facilitando cada establecemento. A convocatoria continúa aberta para aqueles locais que desexen enviar a súa proposta. Poden facelo contactando co local de música no correo localdemusica@gmail.com.
Os pontevedres poderán ir de local en local ata estes establecementos:
- Cervecería El Bruc: https://spoti.fi/37ZgiU9
- Ye Olde Basset: https://spoti.fi/2KD2YMr
- O Grifón: https://spoti.fi/2MlGlwr
- La Pomada: https://spoti.fi/2L3rPZE
- The Groove House: https://spoti.fi/2Jt5NPk
- Pavero Bar: https://spoti.fi/2L3PBEI
- O Diaño: https://spoti.fi/34Wsbbl
- Ánimas: https://spoti.fi/2KE8v5q
- Sopa de Gallo: https://spoti.fi/2KD3p9x
- Bar A Kaldo: https://spoti.fi/38Kgp4Z
- La Gramola: https://spoti.fi/2WSzn45
- Tábula Rasa (pendente de enviar as súas propostas)
- Tronko Bar (pendente de enviar as súas propostas)
Relacionadas:
-
O Local de Música adáptase á situación sanitaria en Pontevedra
Por Isabel Feijóo Gallardo |
-
A terceira edición da Xeración Sónica conectará coa universidade
Por Oskar Viéitez |
-
Entradas escalonadas, desinfección, ventilación e horarios: así reabre o Local de Música
Por Redacción |
-
'Ben veñas maio', un certame en lingua galega que invita á mocidade pontevedresa a demostrar o seu talento
Por Sara Iglesias & Boris Rodríguez Pintos |
-
As bandas do Local de Música falan dos seus proxectos
Por Redacción |