Monster Bike, un espazo singular que combina taller e boutique en Pontevedra
Un novo concepto de tenda abre en Pontevedra: Monster Bike Taller&Boutique.
Situada na avenida de Lugo, 27, é o primeiro establecemento da cidade que, nos seus 1.000 metros cadrados, combina taller e tenda exclusiva con todo os servizos e produtos relacionados co mundo da motocicleta.
No seu taller especializado en transformación de motocicletas e mecánica, Monster Bike ofrece experiencias únicas onde os clientes poden ver como traballan mentres se compran unha moto ou calquera peza de roupa ou complemento.
POR QUE MONSTER BIKE?
"O noso obxectivo era facer algo distinto, único en Pontevedra, que os nosos clientes vivan unha experiencia diferente nas nosas instalacións; un concepto de boutique personalizada, un taller enfocado ao bo servizo, a calidade, a honestidade e sobre todo cumprir coas expectativas dos nosos clientes ofrecéndolles o mellor coidado para a súa paixón", destacan os propietarios.
TRANSFORMACIÓN DE MOTOCICLETAS E MECÁNICA
"Decidímonos a abrir agora porque cremos que nos momentos difíciles xorden as mellores ideas e tamén porque a xente de Pontevedra merecía ter algo así na cidade. A aposta máis forte é a personalización ou restauración de motos, homologadas 100%!. Aínda que por suposto que temos motocicletas novas dirixidas desde aos amantes do enduro, trial e cros, que está a pegar forte, ata cruiser, scrambler, trail..."
PROXECTO DE FUTURO
"O feito de abrir en tempos de pandemia é algo secundario para nós, aínda que por suposto cumprimos rigorosamente coas medidas de seguridade establecidas, cremos que este novo concepto no sector será moi ben acollido. Queremos que a nosa relación cos clientes sexa moi duradeira, non só falamos do momento de abrir, senón das experiencias que viviremos xuntos".