Galicia inicia o Xacobeo 2021 coa apertura da Porta Santa
Por Oskar Viéitez
Ás cinco da tarde deste xoves, 31 de decembro, o arcebispo compostelán, Julián Barrio, marcou o inicio oficial do Ano Santo 2021, co ritual de apertura da Porta Santa da Catedral de Santiago.
Foron numerosas as diferenzas con respecto ao último Ano Santo vivido en 2009: máscaras, limitación de público, e tampouco foi derrubado o muro que gardaba a porta para preservar a restauración da restaurada catedral, sen xerar no templo po nin manchas.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, exerceu de delegado rexio, e representando ao Goberno do Estado asistiu a ministra de Traballo, Yolanda Díaz.
O arcebispo Julián Barrio, tras saudar aos presentes e asistir á lectura dunha mensaxe do papa Francisco, foi o encargado de golpear simbólicamente cun martelo de prata a Porta Santa e a continuación abriuna dando por inaugurado este ano Santo 2020.