Pontevedra, Bueu e Vilagarcía encabezan a baixada de infeccións activas na comarca nunha xornada con poucas PCR
Por Diego Espiño
As cifras de afectados pola Covid cambian en cada balance na área Sanitaria en función de diferentes valores. Así, nunha última xornada na que se realizaron poucas probas PCR con respecto a outros días (330), en Pontevedra e O Salnés rexistráronse 44 contaxios, un número de infeccións que tendo en conta o maior volume de altas epidemiolóxicas supuxo un descenso de casos activos na maioría de municipios da comarca, segundo foron informando.
Só rompe esa tendencia Marín, que comparte perímetro con Pontevedra e Poio e que este sábado 2 de xaneiro contabiliza 46 casos activos de coronavirus, un máis que o venres.
Pola contra a capital provincial encabeza a baixada de infeccións activas ao contar con 137 afectados, 14 menos nas últimas 24 horas. No mesmo perímetro Poio conta con 45 casos (-3).
Tamén experimentan baixadas concellos como Bueu con 66 casos (-9), Vilagarcía de Arousa con 90 (-8) e Sanxenxo con 37 afectados (-6).
Pola súa banda noutro municipio da comarca como Vilanova de Arousa rózase a incidencia cero, xa que tras unha xornada sen novos contaxios entre os seus veciños atópase con 3 casos activos (-1).
O total de casos activos na área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés é actualmente de 773, segundo o balance diario do Servizo Galego de Saúde.
Relacionadas:
-
Datos Covid por municipios ao 3 de xaneiro: Pontevedra suma 6 casos activos máis e Vilanova pasa ao nivel laranxa de alerta
Por Diego Espiño |
-
A área sanitaria suma 23 novos contaxios de Covid pero con só 288 probas PCR realizadas
Por Diego Espiño |
-
Marín, Poio e Sanxenxo empezan 2021 cun aumento de casos activos de covid-19
Por Natalia Puga |
-
Evolución desigual da covid-19 por concellos: Sanxenxo chega a unha incidencia acumulada de 340 e Marín baixa a 102
Por Natalia Puga |