O PSOE de Cerdedo-Cotobade pide que se invista o superávit municipal nunha sala de espera para o centro de saúde
Por Redacción
Reinvestir o superávit municipal para habilitar unha sala de espera no centro de saúde de Carballedo. Esa é a proposta do grupo municipal do PSOE tras coñecer o remanente positivo de 349.763 euros no peche das contas de 2019.
O grupo socialista lamenta nun comunicado que non se tomou esa decisión pese ao compromiso adquirido polo alcalde no pleno municipal do pasado 30 de xullo para crear un novo espazo para sala de espera ou habilitar unha no edificio multiusos no que se improvisou o actual centro de saúde.
"É un problema que vén de atrás" pero coas medidas de distanciamento social debido á crise do covid-19 "as deficiencias móstranse moito máis" ata chegar a ser unhas condicións "denigrantes e insostibles", explican.
O PSOE asegura que o trato que están a recibir na actualidade os pacientes é "denigrante" ao ser obrigados a esperar fose do edificio ata ser atendidos.
Relacionadas:
-
O PSOE de Cerdedo-Cotobade pide fondos ao Concello para poñer en marcha as súas mocións aprobadas durante 2020
Por Redacción |
-
O PSOE de Cerdedo-Cotobade aplaude a repartición de fondos da Deputación aos concellos
Por Redacción |
-
O PSOE de Cerdedo-Cotobade pide unha comisión de seguimento para vixiar as mocións aprobadas e sen executar
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade pecha as súas contas cun superávit de 349.763 euros
Por Redacción |