Entrega do Roscón de Reis e reloxos sustentables da Fundación Amigos de Galicia para familias en situación difícil
Por Redacción
A Fundación Amigos de Galicia entregaba nas últimas horas a tradicional Rosca de Reyes a familias con menores, que se atopan en situación de risco ou de exclusión social e que son atendidas no municipio de Pontevedra.
Ademais da rosca, tamén achegaban chocolate e caramelos entre os pequenos. Os menores con idades comprendidas entre os 8 e os 16 anos recibían tamén reloxos de pulseira elaborados con material sostible como agasallo do Nadal. A entrega levaba a cabo no Restaurante Casa Pepe de Poio, un establecemento que colabora coa Fundación e para a repartición, segundo indican desde o colectivo, foi fundamental a colaboración da Panadería A'Devesa, que doaba parte das roscas para a entrega a estas familias.
Os reloxos tamén foron doados por unha empresa de Madrid que tamén mantén un importante compromiso ecolóxico. Con cada produto que venden reforestan cunha árbore en localizacións como As Neves, onde xa recuperaron máis de 10.000 árbores en espazos de monte afectados pola onda de incendios de 2017.
A Fundación Amigos de Galicia entregou xa 2.589 agasallos entre as familias usuarias durante estas festas a través da campaña 'Comparte un xoguete, comparte ilusión'.
Relacionadas:
-
Alertan do incremento de maiores que aparecen mortos nos seus domicilios
Por Redacción |
-
Amigos de Galicia lamenta a morte da patroa Alicia Otero "Chicha"
Por Redacción |
-
Amigos de Galicia reparte mantas para axudar ás persoas máis desfavorecidas a superar a onda de frío
Por Redacción |
-
Fundación Amigos de Galicia proporciona a cea de noiteboa e fin de ano ás familias vulnerables
Por Redacción |
-
A Fundación Amigos de Galicia busca persoas voluntarias para empaquetar agasallos na campaña de Nadal
Por Redacción |