Protección Civil completou 240 operativos en Cerdedo-Cotobade durante o 2020
Por Redacción
A agrupación de voluntarios de Protección Civil de Cerdedo-Cotobade pecha o ano 2020 con máis de 240 operativos relacionados con atención a emerxencias e accidentes, repartición de alimentos e elementos protectores fronte á covid-19, distribución de medicinas e extinción de incendios, entre outras actuacións.
Durante o primeiro mes do estado de alarma, os voluntarios realizaron 90 servizos, principalmente repartición a domicilio de subministracións básicas a persoas vulnerables ou desinfeccións de espazos públicos, relacionados coa crise sanitaria que resultaron un apoio fundamental para o Concello.
Este colectivo cumprirá o próximo mes catro anos de vida e dúas, baixo a coordinación de Javier Lois. Neste período, a formación afrontou un proceso de especialización e acción rápida ante calquera tipo de emerxencia.
"Estou moi orgulloso e satisfeito do equipo que conformamos e do rendemento social que supomos para un concello como o noso. Esta dedicación e entrega é o que nos fai ser moi operativos e nos permite aumentar os nosos coñecementos formativos para actuar do mellor xeito posible nos incidentes e nos problemas que se nos presentan en materia de asistencia e socorro á cidadanía", indicou o presidente da agrupación.
O colectivo de voluntarios de Protección Civil de Cerdedo-Cotobade está composto por un total de 15 persoas distribuídos por todo o termo municipal.
Relacionadas:
-
Arde por completo unha casa en Cerdedo-Cotobade sen que se rexistrasen feridos
Por Redacción |
-
Desinfección periódica das paradas de autobús de Cerdedo-Cotobade para aumentar a seguridade sanitaria no transporte escolar
Por Redacción |
-
O Concello de Cerdedo-Cotobade entrega máscaras aos nenos para que poidan pasear con seguridade
Por Redacción |
-
Protección Civil de Cerdedo-Cotobade atende 90 servizos no primeiro mes do estado de alarma
Por Redacción |