Avanzan as obras de ampliación da rede de saneamento ao barrio do Lombo, en Cuñas
Por Redacción
O alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, supervisou o inicio das obras de saneamento do barrio do Lombo, no lugar de Cuñas, cuxo investimento roldará os 30.000 euros e que están incluídas no Plan de Investimentos da Deputación (PID).
A obra pretende ampliar a rede de colectores do lugar de Cuñas á zona do Lombo para dar servizo a unhas 20 vivendas para o cal se instalarán preto de 300 metros lineais de canalización cos correspondentes pozos de rexistro para conectar este barrio á rede de saneamento xa existente na zona cuxas augas fecais son depuradas na EDAR de Cuñas construída o pasado ano.
Os técnicos informaron ao alcalde Perfecto Rodríguez dos pormenores das obras e de como tiñan previsto acometer a colocación dos 300 metros lineais de canalización ocasionando o menor trastorno posible para os veciños do Lombo.
A preocupación do alcalde de Ponte Caldelas é ir dotando paulatinamente, e a medida que sexa posible, do servizo de rede de sumidoiros ao maior número posible de núcleos do rural ao tempo que se instalan depuradoras co fin de tratar as augas fecais para que afecten o menos posible ao medio ambiente, unha das principais prioridades para o rexedor caldelense.