Haberá colaboración económica da Xunta para financiar o novo auditorio de Marín
Por Redacción
O novo auditorio de Marín, un dos proxectos máis ambiciosos do goberno municipal de María Ramallo para este mandato, contará con financiamento autonómico. Así o avanzou o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, na súa visita a este municipio.
O goberno galego asinará co Concello de Marín un convenio para financiar esta actuación de maneira conxunta. Rueda destacou que esta colaboración permitirá materializar este proxecto e que Marín conte cunha infraestrutura "acorde" á demanda cultural.
Os termos deste convenio aínda non están fixados. Unha vez que o goberno municipal entregue o proxecto definitivo do auditorio, ambas as partes negociarán os detalles.
Este novo auditorio, segundo adiantou o goberno municipal de Marín, estará situado nas inmediacións do porto e terá unha capacidade para 550 persoas.
Dos catro millóns de euros nos que está orzado este auditorio, dous millóns serán achegados polos fondos FEDER da Unión Europea.
Na súa visita a Marín, na que estivo acompañado da alcaldesa e da delegada da Xunta, Luisa Piñeiro, o vicepresidente galego visitou varias actuacións executadas nos últimos meses polo seu departamento e que supuxeron un investimento de 66.200 euros.
En concreto, a Xunta colaborou con Marín para mellorar a iluminación pública en varios lugares do municipio como a zona de San Pedro ou o barrio de Mogor, onde se renovou toda a iluminación pública exterior.
Alfonso Rueda destacou que a Xunta apoiou estes dous proxectos propostos polo Concello, ao entender que son os propios municipios "os que mellor coñecen" onde estas actuacións "poden ter máis impacto e beneficiar á cidadanía".
Relacionadas:
-
Asinado o convenio polo que Marín e a Xunta cofinancian os 4 millóns de euros do novo auditorio
Por Redacción |
-
A Xunta cofinanciará con 2 millóns de euros á construción do novo Auditorio de Marín
Por Redacción |
-
Marín creará un espazo de participación cidadá para supervisar os fondos europeos
Por Redacción |
-
Marín segue traballando nas liñas de colaboración e apoio ás asociacións culturais
Por Redacción |
-
As pistas de skate cambiarán de localización pero sempre dentro da contorna da reformada praza de España
Por Redacción |
-
Presentan o documento que marcará as liñas construtivas do Auditorio de Marín
Por Redacción |
-
Reunión entre a alcaldesa de Marín e a conselleira de Medio Ambiente para axilizar a construción do Auditorio
Por Redacción |
-
Así será o futuro auditorio de Marín
Por Oskar Viéitez |