A Oficina de Turismo do Grove pecha o ano con máis de 9.000 visitas
Por Redacción
A pesar da corentena e do peche perimetral, a Oficina de Turismo do Grove pechou o ano 2020 con máis de 9.000 visitas.
Foi un ano complicado e atípico onde a Oficina permaneceu pechada seis meses debido aos peches e as limitacións rexistradas, reflexándose desta forma na cifra máis baixa de visitas dende que O Grove ten rexistros de turismo.
O mes con máis visitas, a pesar da situación, foi agosto, onde acadaron as 5.000. Pola súa banda, no mes de xullo case chegan ás 2.000 e en setembro a 1.500. Todo isto supón "un dato positivo dadas as circunstancias vividas", apuntan dende o Concello.
Así mesmo, aclaran que se trata dunha cifra "moi baixa pero que segue sendo máis da metade do rexistrado en anos como o 2018".