A avenida de Beiramar do Grove permanecerá cerrada durante 15 días
Por Redacción
O Concello de O Grove pechará a Avenida de Beiramar durante 15 días con motivo do asfaltado da zona.
Desta forma, a partir do luns 11 de xaneiro o Concello ten previsto desviar os vehículos pola Rúa Ourense cara a Rúa Castelao para dar a volta mentres que o tráfico pesado terá que entrar por Xoan XXIII e baixar pola Rúa da Praza. Para este último tiveron que eliminar algúns pivotes e trasladar algúns maceteiros.
Ademáis destes cambios, o transporte escolar tamén se verá afectado. A parada que está diante do Restaurante O Crisol e na propia Praza do Corgo manteranse, pero non na beirarrúa de enfronte, polo que os cativos terán que coller o transporte no sentido contrario ao habitual.
As que tamén se verán afectadas son as paradas de diante da Policía Local e a do Parque de Confín. Así, a primeira trasladarase a Rúa Castelao (diante da antiga discoteca Vogue) e a segunda tamén na Rúa Castelao inda que á altura do Hotel Amandi.
En canto ao horario, éste será o mesmo e non se producirán cambios.
Durante a mañá deste venres a Policía Local xa informou aos pais e nais ademáis dos centros educativos para procurar que a partir de que comecen as obras non se produzan incidencias.