Sanxenxo prorroga o convenio para monitorar os indicadores de turismo sostible
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo acaba de anunciar que prorrogará o convenio con Segittur sobre a monitoraxe de indicadores de turismo sostible debido á situación sanitaria.
Segundo informou o Concello, antes do 30 de xuño contarán cos resultados do sistema de monitoraxe de indicadores de turismo sostible froito do convenio con Segittur, sociedade estatal dependente do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo para a xestión das tecnoloxías turísticas. Desta maneira, os datos que resulten deste estudo converteranse nunha ferramenta clave no proceso de toma de decisións para o deseño de medidas que mellorarán a eficiencia enerxética, redución do consumo da auga, así como as emisións de CO2.
Xa que durante o primeiros seis meses do ano o turismo estivo bloqueado, o Concello decidiu prorrogar o convenio seis meses máis para concluír coa segunda fase do estudo referente ao consumo de electricidade, residuos e estacionalidade no consumo de servizos. Tamén teñen previsto incorporar datos de mobilidade orixe-destino procedentes de distintos medios de transporte e telefonía, así como información relativa ao gasto en destino.
Así mesmo, na plataforma xa están incluídos os datos de calidade da auga das praias, consumo de auga, movementos turísticos, ocupación hostaleira e tráfico aéreo.
Entre os beneficios de contar cun sistema destas características, Sanxenxo destaca "a posibilidade de ter un mellor coñecemento do sector máis aló dos datos, o que contribuirá á toma de decisións mellor informada parareorientar o modelo turístico cara á sustentabilidade, non como un valor engadido, senón como requisito para que o turismo poida continuar sendo un motor de desenvolvemento económico e social para a localidade".
Por último, lembran que Sanxenxo tamén foi seleccionado por Segittur xunto aos concellos de Santa Susanna, e Conil, tres destinos da Rede DTI, para un proxecto piloto sobre a información relevante relativa ao covid-19 que un destino turístico necesita comunicar aos seus visitantes durante todo o ciclo de viaxe, así como ás súas propios residentes. Para iso, sistematizaron a información usando como base a Semántica de Destino Turístico Intelixente, vocabulario para sistemas dixitais definido en 2019 e recolleito na norma UNE 178503.
Relacionadas:
-
A Deputación colaborará con Segittur para promover o modelo de Destino Turístico Intelixente
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo prepara xa un "verán seguro" coa previsión de ter máis visitantes que no 2020
Por Redacción |
-
Sanxenxo estrea un sistema para analizar o seu turismo e orientalo cara a sustentabilidade
Por Redacción |
-
Sanxenxo informará a través dunha APP turística sobre as medidas de seguridade sanitaria
Por Redacción |