Subida xeneralizada de casos de covid-19 nos concellos da área sanitaria
Por Redacción
Todos os concellos da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés que facilitan datos diarios da incidencia da covid-19 excepto Barro e Sanxenxo rexistraron este sábado un incremento de casos activos, o que implica unha complicación na súa situación epidemiolóxica.
Destacado resulta o incremento de Pontevedra. Segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade ao Concello, hai este sábado 146 casos activos, 9 máis que o venres.
Tamén en Poio subiron os casos activos, cun positivo máis que o venres. Suma este sábado 45.
En Marín, o terceiro concello que, con Pontevedra e Poio mantén un peche perimetral desde hai máis de dous meses, tamén aumentaron os casos. Hai 57, seis máis que o venres.
Tamén nas comarcas do Salnés e Arousa aumentan os casos de forma xeneralizada. En Cambados hai tres máis, situándose en 40; en Vilagarcía de Arousa hai 83, 9 máis nun día; e en Vilanova hai un máis, situándose en 15.
Entre os municipios cun comportamento diferenciado destacan Sanxenxo e Barro. En Sanxenxo hai 27 casos activos, 2 menos, e en Barro, 10, un menos.
Relacionadas:
-
O Concello de Vilagarcía pide á cidadanía acatar as novas restricións e mostra o seu apoio a hostaleiros e comerciantes
Por Redacción |
-
Novo repunte de casos de covid-19 nunha xornada na que deron positivo o 12,5% das PCR
Por Natalia Puga |
-
Aumenta a 12 o número de pacientes covid na UCI do Hospital Montecelo
Por Redacción |