Tráfico sanciona un condutor temerario que circulaba cun taboleiro de 8 metros no teito
Por Redacción
A Garda Civil de Tráfico inmobilizou esta fin de semana un vehículo que circulaba "de forma manifestamente temeraria" cun taboleiro de oito metros de longo no teito do vehículo e sancionaron ao seu condutor.
Efectivos do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra interceptaron ao condutor a última hora da tarde do sábado, sobre as 19.30, horas, cando circulaba pola estrada EP-9004 ao seu paso por Cambados.
Os axentes comprobaron que o vehículo circulaba "con evidente risco de desprendemento" do taboeiro, co consecuente perigo tanto para o condutor como para os demais usuarios da vía, de modo que deron o alto ao condutor.
O turismo quedou inmobilizado e o condutor enfróntase a unha sanción de 400 euros, segundo informou a Garda Civil de Pontevedra.