Cinco empresas presentan as súas ofertas para executar a urbanización do Revel
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo pechou este luns o prazo para a presentación de ofertas para executar a urbanización do Revel cun total de cinco empresas: Covsa, Arias, Civis Global, San José e Marconsa. A obra que saíu a licitación o pasado 30 de decembro por 1.262.025 euros conta cun prazo de execución de catro meses.
A adxudicación dos traballos podería estar lista en quince días para que a obra poida empezar na segunda quincena de febreiro e poida estar rematada a mediados de xuño.
O proxecto de urbanización vertebra 73.164 metros cadrados para o que contempla catro viarios, con dous carrís de 3 metros, unha rotonda que axudará a achegar fluidez ao tráfico e a dotación de 84 prazas de estacionamento. As beirarrúas previstas terán unha anchura mínima de 2 metros e unha máxima de 4,5 metros. Conta cun apartado propio para o tratamento dos espazos libres e, en concreto, para a protección do arroio, a flora e fauna existente na contorna.
No prego recóllense melloras valoradas en 121.926 euros que fan referencia ao embelecemento da contorna coa plantación de 111 árbores de distintas especies.Tamén se inclúe unha mellora da iluminación da zona verde con 16 novas luminarias e a plantación de céspede.
Relacionadas:
-
A urbanización do Revel estará rematada en xullo
Por Redacción |
-
A urbanización do Revel comezará en febreiro e vai a facela a empresa COVSA
Por Redacción |
-
Sanxenxo saca a licitación a parcela de O Revel na que se construirá un novo centro educativo
Por Redacción |
-
Licitan por case 300.000 euros a instalación do céspede e da rega no campo do Revel
Por Redacción |