As pistas de skate cambiarán de localización pero sempre dentro da contorna da reformada praza de España
Por Redacción
O proxecto de construción do novo Auditorio de Marín que se creará na Praza de España onde está prevista unha reurbanización de toda a zona non suporá a desaparición das pistas de skate que se atopan nese espazo. Así o afirmaban este luns no Concello de Marín.
Desde o goberno local aseguran que, cando se realice o proxecto de reurbanización deste espazo central da vila, traballarase coa intención de buscar a localización máis axeitada dentro desta contorna da Praza de España.
O goberno de María Ramallo afirma que o obxectivo é manter este espazo moi utilizado pola mocidade do municipio e estudarase a posibilidade de renovar tamén os elementos das pistas actuais ao entender que xa se atopan desgastados.
Desde o Concello lembran, en todo caso, que existen outras instalacións deste tipo no Parque Azul de Cantodarea.
Relacionadas:
-
Haberá colaboración económica da Xunta para financiar o novo auditorio de Marín
Por Redacción |
-
Presentan o documento que marcará as liñas construtivas do Auditorio de Marín
Por Redacción |
-
Marín ten 'flow'
Por Diego Torrado |
-
Es Rider e buscas unha escola? Marín é o teu espazo
Por Redacción |
-
Unha exhibición de scooter cita en Marín ao mellor rider de skatepark de España
Por Redacción |
-
As bicicletas voan en Marín
Por Diego Torrado |