O Concello retoma a súa cruzada contra os coches abandonados na vía pública
Por Redacción
A campaña de retirada de vehículos abandonados da vía pública regresa cunha segunda onda. A primeira acción desta campaña impulsada desde a concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural serviu para retirar 80 coches ao longo do 2020, agora retómase con sete novas ordes de retirada que se efectuarán nas próximas xornadas.
O departamento que dirixe Iván Puentes iniciou xa o procedemento administrativo previo e imprescindible para que estes automóbiles sexan declarados como residuos sólidos urbanos e póidase proceder á súa descontaminación, destrución e baixa definitiva no rexistro de vehículos da DXT.
Os expedientes abertos refírense aos seguintes vehículos: un Opel Corsa- B retirado polo guindastre da avenida de Corbaceiras o 18 de outubro do 2019 e que continúa actualmente no Depósito Municipal de Vehículos; un Ford Transit abandonado no lugar de Pío, na parroquia de Bora; un Renault Kangoo na rúa Meixueiro; un Renault Lagoa na rúa Simón Bolívar; un Renault Kangoo en Fernando II; outro Renault Kangoo en Augusto García Sánchez e un Daewoo Lanos na rúa Cruceiros, en Lérez.
"En todos os casos foi constatado o estado de falta de conservación e os sinais de abandono dos automóbiles e requiríuselle aos propietarios que no improrrogable prazo de 15 días (dende a notificación) procedan á súa retirada ou á entrega nun centro autorizado de tratamento ou instalación de recepción regulado no Real Decreto 20/2017. Advírteselle de que, pasado o citado período de tempo sen dar cumprimento ao requirido, a Administración Local poderá adoptar as medidas sancionadoras previstas na Lei de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia, que contempla sancións de entre 603 e 31.000 euros", detalla Puentes.
Neste prazo, os propietarios poden formular alegacións ou presentar a súa renuncia ao vehículo. Unha vez aprobada esta declaración, será a empresa Automocións Catoira a que procederá á retirada e tratamento dos automóbiles.
Relacionadas:
-
Malestar pola inseguridade que provoca a acumulación de coches abandonados en Tafisa
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Un turismo domiciliado en Angoulême, entre os 47 vehículos expedientados para a súa retirada das rúas da cidade
Por Redacción |
-
Abertos 22 expedientes de coches abandonados en Pontevedra no que vai de ano
Por Andrea Sánchez Barreno |
-
A retirada de vehículos abandonados nas rúas de Pontevedra esténdese ás bicicletas
Por Redacción |
-
Retirados quince coches abandonados nas rúas da capital nas últimas semanas
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello prepárase para retirar 37 vehículos abandonados, unha Vespino e dúas bicis
Por Redacción |
-
O Concello declara residuos sólidos urbanos unha vintena de vehículos abandonados
Por Redacción |