Rematadas as obras de mellora no lugar da Gorita en Loira
Por Redacción
Máis de 37.000 euros investíronse no lugar de Gorita, en Loira, para crear un muro de contención ao bordo dun camiño, única vía de comunicación para o acceso de tres vivendas que se atopan nesta zona.
María Ramallo, alcaldesa de Marín, e Pablo Novas, concelleira de Medio Rural, visitaban este martes a finalización dos traballos deste muro, unha obra realizada pola empresa Viñas Blancas. Segundo o Concello, con esta obra resólvense as deficiencias que presentaba esta infraestrutura viaria debido ao esborrallamento e á desaparición do firme.
A intervención era necesaria para resolver esta situación, segundo indican desde o goberno local, a través da creación do muro que agora conta cunha altura superior a dous metros e que permitirá que o firme se manteña en boas condicións para o tráfico de vehículos.