Reforma de 50 metros del sendero fluvial dos Gafos afectados polas escorras das enchentes
Por Redacción
Estes días realizáronse obras para reparar os danos que os temporais de choiva rexistrados en decembro causaron na senda fluvial do río dos Gafos. Desta forma, a Consellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural executaba a través da empresa concesionaria Ferrovial a rehabilitación de 50 metros de tramo do carreiro que percorre o espazo situado en Ponte Boleira, no punto de encontro coa avenida de Vigo.
As escorras de enchentes das últimas semanas de decembro provocaron arrastres de terra e creáronse fochancas de grandes dimensións nesta zona frecuentada por numerosos paseantes,
Iván Puentes, concelleira de Medio Natural, explicaba que a obra contou cun orzamento de 3.000 euros e o traballo permitiu reparar todos os afundimentos da senda a través dun pavimento de terrizo de xabre cunha porcentaxe de cemento de cor ocre. A intención desde o Concello de Pontevedra é que se estabilice este espazo de fronte ao futuro.
Tamén se incluíu neste operativo a revisión e mellora das escaleiras de madeira que conectan a senda dos Gafos coa avenida de Vigo. Esta estrutura contaba con algún chanzo en mal estado e foi reparado.
A estas actuacións necesarias debido ao desbordamento do río hai que sumar a intervención do grupo de voluntarios da Concellería de Deportes e da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, que recuperaba as dúas pasarelas de madeira que foron arrastradas pola corrente nas proximidades de Ponte Valentín.
Relacionadas:
-
Zafarrancho de limpeza nos ríos Gafos, Tomeza e Couso
Por Redacción |
-
Deportistas da Gimnástica recolocan as pasarelas desprazadas no Gafos pola enchente destes días
Por Redacción |
-
BNG e PSOE reclaman 24,5 millóns á Xunta e ao Estado para o Museo, o Gafos e a Xunqueira de Alba
Por Redacción |
-
As intensas precipitacións nocturnas provocan o desbordamento do río Gafos
Por Redacción |