Suspendido o Enterro da sardiña en Marín

Por Oskar Viéitez
O Ateneo Santa Cecilia de Marín ven de comunicar a suspensión do Enterro da sardiña, "como consecuencia da situación de pandemia que estamos a sufrir e das medidas que todos temos a obriga de adoptar co obxectivo de evitar a súa propagación".
Polo tanto este ano, o 17 de febreiro, non se celebrará o acto máis representativo do Entroido marinense.
Co fin de manter o espírito do Entroido e do Enterro da Sardiña o Ateneo vai convocar un concurso de debuxos entre os escolares marinenses e de Praceres na que se poña de manifesto esta celebración tan afianzada na vila.
Ao mesmo tempo e co fin de manter vivo este tempo de Entroido, e do mesmo xeito que se fixo coa Danza de Espadas de San Miguel e durante o Nadal o Ateneo propón engalanar algunhas rúas de Marín con bandeirolas relativas ao Enterro "na que figure a lenda de ‘suspendido este ano’, para que os cidadáns sexan mais conscientes do tempo que nos toca vivir e non se perda esta antiga tradición".
Relacionadas:
-
Marín presenta o cartel do seu Entroido 2021, que muda ao formato online
Por Redacción |
-
Poio queda sen Entroido, cancelado pola covid-19
Por Redacción |
-
Marín convoca un concurso de mascarillas para fomentar o carácter tradicional do Entroido
Por Redacción |
-
O Entroido de Marín saltará das rúas ás pantallas para adaptarse á situación sanitaria
Por Redacción |
-
Só Ravachol se salva da suspensión dun Entroido para o que "non se dan as condicións"
Por Alejandro Espiño |