O "abandono" da parcela de Pasarón centra de novo as críticas do Partido Popular
Por Diego Espiño
O Partido Popular de Pontevedra volveu visitar, seis meses despois, a parcela exterior do Estadio Municipal de Pasarón para denunciar o seu "abandono" e reclamar que o Concello realice a obra planificada.
Jacobo Moreira: "ha pasado un año y esto sigue igual, lleva el sello de abandono del gobierno de Lores"
O seu voceiro, Jacobo Moreira, entende que un ano despois da inauguración oficial do estadio co partido entre España e Arabia Saudí, a situación é xa insostible: "de aquella se hizo un parche de 20.000 euros para salir del paso y el concelleiro Raimundo González anunció que después del partido ya se harían las obras. Ha pasado un año y esto sigue igual, esto lleva el sello de abandono del gobierno de Lores igual que ha pasado en otros sitios como Tafisa".
Moreira defende que os veciños do barrio "no merecen este abandono" nun lugar no que ademais tiveron que realizarse expropiacións: "aquí había viviendas que fueron expropiadas, gente que se quedó sin su casa y al final preguntamos para qué si esto sigue igual".
A representación popular finalizou o seu discurso desexando non ter que volver ao lugar dentro doutros seis meses: "reclamamos al gobierno de Lores que se ponga las pilas y remate de una vez lo que ha dejado a medio hacer".
Relacionadas:
-
Louzán define coma un "manchón" o aparcadoiro disuasorio fronte ao Estadio de Pasarón
Por Oskar Viéitez |
-
O estacionamento temporal do Burgo abrirá durante esta semana
Por Redacción |
-
Pasarón contará, temporalmente, cun aparcamento disuasorio con capacidade para 130 vehículos
Por Alejandro Espiño |
-
O PP denuncia o abandono do contorno de Pasarón seis meses despois da súa inauguración
Por Alejandro Espiño |