Catrocentos hostaleiros de Pontevedra xa recibiron as axudas do plan de rescate da Xunta
Por Redacción
Nove de cada dez hostaleiros da cidade de Pontevedra que pediron as axudas do plan de rescate deseñado pola Xunta de Galicia para autónomos e microempresas xa cobraron as súas subvencións. Así o asegura o goberno galego, que cifra en 1,1 millóns de euros a achega total.
Das 439 solicitudes recibidas por establecementos da capital da provincia, xa foron abonadas as compensacións polo peche decretado en novembro a 400 destes hostaleiros.
Os 39 pagos pendentes serán abonados nos próximos días, garante a Xunta.
Estas axudas foron concedidas, con estes datos na man, ao 70% dos negocios de hostalería da cidade de Pontevedra.
Dependendo da casuística de cada un, as axudas oscilaron dende os 1.500 e os 8.500 euros.
En toda a provincia as peticións recibidas por parte do sector hostaleiro eleváronse ata 3.849 e xa se dou conta de 3.391 a través dunha aportación global de 8,5 millóns de euros.
De cara ao futuro xa se está tramitando un segundo plan de rescate para facer fronte ás novas restricións sanitarias, que se tramitará de xeito máis áxil que o primeiro.
Ademais, o goberno galego e os representantes da hostalería propuxeron a creación dun fondo de cooperación covid-19 que conte coa participación da Xunta, deputacións e os grandes concellos para salvar do peche a empresas e autónomos.
Relacionadas:
-
Pontevedra propón un plan de rescate "a tres bandas" ante unha economía "agonizante"
Por Alejandro Espiño |
-
Carmela Silva critica o "trilerismo político" da Xunta co plan de axudas á hostalería
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación reclama á Xunta un plan "inmediato" de rescate a hostaleiros e comerciantes
Por Redacción |
-
A hostalería poderá abrir ata as seis da tarde nos concellos con restricións
Por Alejandro Espiño |
-
600 quilómetros para unir un sector e remover conciencias
Por Manu Otero |