Cen contaxios máis este sábado na Área Sanitaria
Por Oskar Viéitez
Este sábado 16 de xaneiro a área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés notifica a existencia de 954 casos activos covid-19. Son 47 persoas máis que onte venres.
Nas últimas 24 horas notificáronse 100 contaxios máis e houbo 53 persoas que foron dadas de baixa despois de curarse desta infección.
Mantéñense 54 pacientes enfermos de covid ingresados en planta de hospitalización.
Deles, 45 están no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, 2 no QuirónSalud Miguel Domínguez e 7 no Hospital do Salnés.
Ademais hai 12 pacientes críticos de covid-19 na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) do Hospital Montecelo.
Así mesmo, permanecen 888 casos de coronavirus evolucionando en domicilio cunha sintomatoloxía máis leve.
Desde o inicio do plan de continxencia do covid-19 curáronse 6.869 pacientes (53 máis que no día de onte) e faleceron por este virus na área sanitaria 89 pacientes.
En canto a realización de probas coñecidas como PCR polas súas siglas en inglés ( polymerase chain reaction), nas últimas 24 horas fixéronse 632, que se engaden ás 123.664 xa efectuadas desde o inicio da pandemia na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés.
GALICIA
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 11.666, deles 2.843 son da área da Coruña, 1.031 da de Lugo, 1.605 da de Ourense, 954 da de Pontevedra, 2.167 da área de Vigo, 2.157 da de Santiago, e 909 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 91 están en UCI, 506 en unidades de hospitalización e 11.069 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 61.853 persoas curadas, rexistrándose 1.499 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 1.232.152.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 49.768.
Relacionadas:
-
Agrávase a situación da área sanitaria con 91 novos contaxios nas últimas 24 horas
Por Oskar Viéitez |
-
O coordinador de Urxencias de Montecelo asegura que o mellor tratamento contra a covid é a vacinación masiva
Por Oskar Viéitez |
-
Un home de 66 anos, vítima 90 do coronavirus na área sanitaria de Pontevedra - O Salnés
Por Redacción |