Agrávase a situación da área sanitaria con 91 novos contaxios nas últimas 24 horas
Por Oskar Viéitez
Continúa o incremento de casos na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés que suma xa 983 casos activos. Son 29 máis que onte sábado despois de detectarse 91 novos contagios nas últimas 24 horas.
Este domingo 17 de xaneiro mantense 56 pacientes covid ingresados en planta de hospitalización.
Concretamente están 44 pacientes no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, 3 no QuirónSalud Miguel Domínguez e 9 no Hospital do Salnés.
Na Unidade de Coidados Intensivos do Hospital Montecelo seguen 12 pacientes covid en estado crítico.
Así mesmo, permanecen 915 casos de coronavirus evolucionando nos seus respectivos domicilios.
Desde o inicio do plan de continxencia pola pandemia curáronse 6.931 pacientes, esta cifra supón 62 persoas curadas máis que no día de onte.
Faleceron por este virus na área sanitaria 90 pacientes, o último este sábado en Montecelo, un home de 66 anos que presentaba patoloxías previas.
En canto a realización de probas PCR, nas últimas 24 horas fixéronse 659, que se engaden ás 124.323 xa efectuadas desde o inicio da pandemia na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés.
GALICIA
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 12.508, deles 3.129 son da área da Coruña, 1.098 da de Lugo, 1.739 da de Ourense, 983 da de Pontevedra, 2.333 da área de Vigo, 2.245 da de Santiago, e 981 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 98 están en UCI, 557 en unidades de hospitalización e 11.853 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 62.251 persoas curadas, rexistrándose 1.503 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 1.241.661.
Relacionadas:
-
Os contaxios, en cifras máximas con 125 casos novos na área sanitaria
Por Oskar Viéitez |
-
Sanidade notifica nove vítimas de covid en Galicia este domingo, unha delas en Montecelo
Por Redacción |
-
O coordinador de Urxencias de Montecelo asegura que o mellor tratamento contra a covid é a vacinación masiva
Por Oskar Viéitez |
-
Un home de 66 anos, vítima 90 do coronavirus na área sanitaria de Pontevedra - O Salnés
Por Redacción |
-
Cen contaxios máis este sábado na Área Sanitaria
Por Oskar Viéitez |