Rematadas as obras de pavimentación de viais nos lugares de Faxil e A Cancela
Por Redacción
O Alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, acompañado doutros membros do Goberno e de veciños, visitou as obras de pavimentación de viais nos lugares de Faxil e A Cancela.
Este proxecto contou cun orzamento de 39.875 euros, financiado cunha subvención de 32.955 euros da Consellería de Medio Rural, dentro do Plan Marco 2020-2021 de AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) de mellora de camiños rurais.
Con esta actuación conseguiuse unha importante mellora dos viais, que serven para vertebrar a comunicación nestes lugares das parroquias de Agudelo e a Portela. Viais nos que facía moitos anos que non se actuaba e que nalgún caso estaban totalmente desfeitos desde as obras de execución do eixo atlántico ferroviario.
O Goberno municipal investiu máis de 165.000 euros ao longo do 2020 en pavimentar viais nas distintas parroquias do concello para dar seguridade á circulación e mellorar notablemente os accesos aos núcleos de poboación.
Relacionadas:
-
Barro ten consignados case 38.000 euros da Xunta para a mellora de camiños municipais
Por Redacción |
-
Barro mellora os servizos nunha ducia de núcleos de poboación co Plan Concellos
Por Redacción |
-
A mellora da seguridade viaria centra o Pleno de Barro, que aproba os orzamentos para 2021 e bonificacións na taxa do lixo
Por Redacción |