O BNG pide "medidas efectivas" a Portos de Galicia para mellorar a seguridade no peirao de Raxó
Por Redacción
A instalación duns elementos na contorna do peirao de Raxó por parte de Portos de Galicia para mellorar a seguridade peonil no peirao provocaron a reacción do BNG. Luís Bará, deputado do Parlamento de Galicia e Luciano Sobral, alcalde de Poio, cualifican esta actuación como unha vergoña e consideran que é unha medida totalmente insuficiente e unha burla para a veciñanza.
Sinalan que estes elementos non impedirán posibles accidentes nesta zona e pediron a súa retirada a Susana Lenguas, presidenta de Portos de Galicia. Bará e Sobral reclaman "medidas efectivas" para mellorar a seguridade nesta contorna
Desde o BNG instan á Xunta de Galicia a executar o convenio que asinaba en 2009 co Concello de Poio para rehabilitar os peiraos de Raxó e de Covelo, cun investimento de máis de 3 millóns de euros e que contemplaban a mellora da seguridade peonil e de tráfico no acceso a estes portos.
Os nacionalistas presentaron unha emenda aos orzamentos 2021 da Xunta de Galicia para que se destine unha partida para o acondicionamento destes portos do municipio de Poio.
Relacionadas:
-
Portos de Galicia e o Concello regularán os aparcadoiros nos peiraos de Raxó, Covelo e Combarro
Por Redacción |
-
O Parlamento insta a Portos de Galicia a que acondicione o vial portuario de Raxó
Por Oskar Viéitez |
-
Portos de Galicia e o Concello abren unha vía de colaboración para remodelar os portos de Raxó e Covelo
Por Oskar Viéitez |
-
Poio presenta un orzamento de récord, 13 millóns, e de marcado carácter social
Por Redacción |