Os gardacostas decomisan 25 quilos de marisco e peixe no porto de Aguete
Por Redacción
Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, requisaron máis de 500 quilos de distintas especies de marisco e peixe, aí como 250 útiles de pesca e preto de 7.000 metros de redes en diferentes controis realizados nos últimos días ao longo de toda a costa galega.
Aínda que os operativos máis importantes levaron a cabo na Costa da Morte, onde se comisaron preto de 350 quilos de distintos produtos, a intervención chegou tamén á ría de Pontevedra, onde os gardas fixéronse con preto de 2.000 metros de enmalle, así como 87 útiles e preto de 35 quilos de distintas especies.
O operativo máis importante desenvolveuse na contorna do porto de Aguete, onde os axentes requisaron 1.800 metros de arte de enmalle e 14 nasas de madeira. Esta actuación permitiu facerse tamén con 21 quilos de centola, 2 quilos de polbo, quilo e medio de faneca e medio quilo de nécoras. Todos eles foron devoltos ao medio mariño.