A terceira onda segue desatada con outros 99 contaxios na área sanitaria
Por Oskar Viéitez
Este martes 19 de xaneiro a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés informa de 99 novos contaxios de covid-19 nas últimas 24 horas. Xa son 1.145 os casos activos, 57 máis que onte.
A presión hospitalaria é de 67 pacientes de coronavirus ingresados en planta de hospitalización. Concretamente hai 56 persoas no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, 3 no QuirónSalud Miguel Domínguez e 8 no Hospital do Salnés.
Na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) de Montecelo hai 11 pacientes críticos.
Así mesmo, permanecen 1.067 casos de covid evolucionando nos seus domicilios cunha sintomatoloxía leve.
Desde o inicio do plan de continxencia pola pandemia do Covid-19 curáronse 6.993 pacientes (42 máis que no día de onte) e faleceron por este virus na área sanitaria 92 pacientes. A última víctima mortal rexistrouse este luns en Montecelo, unha muller de 57 anos que non presentaba patoloxías previas.
En canto a realización de PCR’ s, nas últimas 24 horas fixéronse 866 probas, que se engaden ás 126.045 xa efectuadas desde o inicio da pandemia na área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés.
GALICIA
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 14.075, deles 3.533 son da área da Coruña, 1.210 da de Lugo, 1.960 da de Ourense, 1.145 da de Pontevedra, 2.596 da área de Vigo, 2.507 da de Santiago, e 1.124 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 114 están en UCI, 664 en unidades de hospitalización e 13.297 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 62.859 persoas curadas, rexistrándose 1.536 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 1.260.359. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 58.055.
Relacionadas:
-
Núñez Feijóo advirte dunha semana "especialmente dura" e pide "vía libre" para o toque de queda ás oito
Por Alejandro Espiño |
-
A cidade de Pontevedra sobe aos 259 casos activos con 1.971 contactos en seguimento
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Unha muller de 57 anos, primeira falecida por covid en Montecelo sen que se lle coñeceran enfermidades previas
Por Redacción |
-
Preocupación polo incremento "constante" de pacientes covid nos hospitais de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |