Lavado de cara para as rotondas do polígono industrial da Reigosa
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas continúa traballando na posta a piques dos espazos públicos do municipio e, nesta ocasión, os operarios céntranse nas cinco rotondas do polígono empresarial da Reigosa.
A intervención céntrase nunha actuación integral nas glorietas que consiste nunha limpeza en profundidade das mesmas, a colocación de mallas antihierbas, a aplicación dun manto de pedra branca e a plantación de arbustos e plantas baixas.
Con esta actuación, o goberno local busca mellorar a imaxe do parque empresarial, unha zona á que acoden a diario centos de persoas e que "é un escaparate para aqueles traballadores que se achegan ao polígono por negocios", xustifican desde o Concello.
Relacionadas:
-
Arranxan os viais do polígono empresarial da Reigosa
Por Redacción |
-
Empezan as obras de mellora dos viais do polígono empresarial da Reigosa
Por Redacción |
-
Letras en cor azul para dar a benvida ao municipio na rotonda da Reigosa
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas completa a mellora da contorna do centro de saúde
Por Redacción |