Unha avaría en Lourizán provoca apagóns en Poio e parte de Marín e Sanxenxo
Por Oskar Viéitez
Unha avaría na liña tres de Lourizán deixou sen subministración eléctrica desde as 14.54 horas deste martes a uns 3.500 clientes de Naturgy.
Afectou fundamentalmente ao concello de Poio, en concreto, sufriron o apagamento lugares como San Salvador, Campelo, San Xoán, Combarro, Lourido, Raxó e Samieira. Case todo o municipio excepto a zona da Barca.
Igualmente sufriron cortes de electricidade na parroquia de Dorrón, en Sanxenxo e nalgunhas zonas do centro urbano de Marín.
A subministración foise recuperando de maneira graduada a partir das 17.00 horas aínda que boa parte dos afectados continuaron sen luz ata as 20.30 horas.