Alarmante incremento de 212 contaxios nun só día na área sanitaria
Por Oskar Viéitez
Este xoves 21 de xaneiro a área sanitaria de Pontevedra-O Salnés comunica un alarmante incremento de 212 contaxios de Covid-19 nun só día. Son xa 1.374 casos activos nesta área Sanitaria.
Aumenta a presión hospitalaria con 74 pacientes de coronavirus ingresados en planta.
A relación oficial facilitada apunta que hai 53 pacientes no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, 12 no QuirónSalud Miguel Domínguez debido ao gromo detectado no seu centro de La Merced (Poio) e hai outras 9 persoas ingresadas no Hospital do Salnés.
Na Unidade de Coidados Intensivos do Hospital Montecelo hai 14 pacientes críticos de covid-19.
Ademais hai 1.286 casos de covid evolucionando nos seus domicilios.
Na área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés hai 1.374 casos activos, é dicir, son 179 máis que onte xa que aínda que se detectaron 211 contaxios novos tamén houbo 33 persoas que se curaron.
Desde o inicio do plan de continxencia pola pandemia curáronse 7.064 pacientes e faleceron por este virus na área sanitaria 94 pacientes, os últimos, onte en Montecelo, unha muller de 81 anos e un home de 80 anos, ambos presentaban patoloxías previas.
En canto a realización de PCR’ s, nas últimas 24 horas fixéronse 1.192, que se engaden ás 128.359 xa efectuadas desde o inicio da pandemia na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés.
CENTROS EDUCATIVOS
Nos centros educativos da área de Pontevedra hay un total de 257 casos positivos, 10 aulas pechadas e 2 centros pechados.
DISPÁRANSE OS CONTAXIOS EN GALICIA
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, disparouse o número de casos activos de coronavirus en Galicia que chegou aos 16.030, deles 4.124 son da área da Coruña, 1.361 da de Lugo, 2.251 da de Ourense, 1.374 da de Pontevedra, 2.942 da área de Vigo, 2.694 da de Santiago, e 1.284 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 135 están en UCI, 744 en unidades de hospitalización e 15.151 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 63.973 persoas curadas, rexistrándose 1.566 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 1.284.868.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 62.031.
Relacionadas:
-
Preto dun millón de euros en material para afrontar a pandemia na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés
Por Redacción |
-
18 falecementos este xoves en Galicia por covid, entre eles dous homes no Hospital Montecelo
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Lores ve "inasumible" o nivel de contaxios e pide estudar "seriamente" un novo confinamento
Por Alejandro Espiño |
-
Poio, abocado ao nivel extremo de restricións tras alcanzar unha incidencia de 1.451
Por Alejandro Espiño |