Poio presenta un orzamento de récord, 13 millóns, e de marcado carácter social
Por Redacción
O orzamento do Concello de Poio para este ano 2021 será de 13 millóns de euros, un 2.4 % máis que no exercicio anterior e marca un novo récord. Unha crifra que, desde o goberno local, consideran realista para darantizar a dotación de servizos aos veciños, que ven conxeladas as taxas e impostos un anos máis.
A intención do goberno tola, que presentei este xoves as liñas mestras do documento, é lograr a súa aprobación inicial no pleno de finais deste mes de xaneiro.
O apartado de investimentos ascende a 600.000 euros, un 14 % máis que no 2020, e inclúe unha partida de 140.000 euros para iniciar a redacción de proxectos susceptibles de ser financiados a través de fondos europeos ou doutras administracións. A rehabilitación do centro histórico de Combarro é unha das ideas do executivo local para levar a cabo mediante este mecanismo. A rehabilitación da fachada marítima de Raxó está tamén nos plans do Concello, que reserva para iso 164.000 euros.
A axenda urbana conta cunha dotación de 15.000 euros. Trátase dunha ferramenta que axudará a gañar en axilidade á hora de conseguir fondos para impulsar actuacións en diferentes campos, como o deporte, a cultura, a mobilidade, o turismo ou os servizos sociais.
É este último departamento o que contempla o maior aumento de fondos en comparación co ano 2020. Cun orzamento de 1,2 millóns de euros, o goberno local destaca a inxección ao Fondo de Emerxencia Local, que alcanza os 50.000 euros e ten marxe para seguir crecendo en función das necesidades.
As contas inclúen tamén medidas de apoio para axudar aos sectores máis castigados pola pandemia para superar a crise.
Relacionadas:
-
Poio prepara unha batería de actuacións nas que investirá 5,5 millóns
Por Redacción |
-
Os servizos sociais de Poio, principal apoio para máis de 400 familias durante a pandemia
Por Redacción |
-
O goberno local aproba o orzamento máis alto da historia de Poio
Por Redacción |
-
Para os populares os orzamentos municipais "non reflicten as necesidades de Poio"
Por Oskar Viéitez |
-
O BNG pide "medidas efectivas" a Portos de Galicia para mellorar a seguridade no peirao de Raxó
Por Redacción |
-
Un novo centro de saúde ou o vial do Vao, entre as emendas do BNG aos orzamentos da Xunta
Por Redacción |