Pablo Méndez impresiona o xurado de "Got Talent" cun onírico espectáculo
Por Alejandro Espiño
Pontevedra brillou con luz propia no programa Got Talent. Fíxoo da man da compañía Pablo Méndez Perfomances, que presentou ante millóns de espectadores un onírico espectáculo que mereceu o aplauso unánime do xurado do programa.
Edurne, Risto Mejide e Dani Martínez, os tres xuíces deste programa que busca a mellor actuación artística do país, coincidiron ao mostrar a súa admiración polo traballo da compañía pontevedresa, que foi a encargada de abrir as actuacións desta noite.
"Qué sorpresa más agradable", sinalou Edurne nada máis entrar ao estudio do programa, onde xa estaban preparados os artistas para actuar ante o público.
Unhas xigantescas damas brancas esperábanlles sobre o escenario para protagonizar un show acrobático que deixou a todos coa boca aberta.
Risto Mejide, que habitualmente é o xuíz máis duro deste programa, recoñeceu que "era como meterte en un sueño en el que todo es posible" e asegurou que "es increíble lo que habéis conseguido en poco tiempo".
A súa compañeira no xurado engadiu que "he alucinado con vosotros, me habéis encantado" e chegou a asegurar que este espectáculo desta compañía de Pontevedra "lo podríamos ver en algo tipo Circo del Sol" debido á súa calidade técnica e artística.
O terceiro en discordia, o cómico Dani Martínez, tamén se desfixo en encomios ante unha actuación da que destacou que "estéticamente ha sido muy bonito, muy agradable, muy visual" e na que todo estaba "muy cuidado".
No medio dos aplausos do público, os tres xuíces tivérono moi claro. Cos seus tres "síes", os de Pontevedra avanzan á seguinte rolda do concurso e poderán optar ao premio final. "Jo, es que me encanta", repetía Edurne ao remate da actuación.
Relacionadas:
-
RADIO.- Si, víchela en Pontevedra e empezou a cantar na rúa para superar o medo escénico
Por Marisa Ciordia |
-
Dous 'palanadores' de Bueu levan a billarda ao plató de "Got Talent"
Por Alejandro Espiño |
-
Poseidón pasea a Hidra polas rúa da Boa Vila
Por Oskar Viéitez |
-
Pablo Méndez, proposto por AJE Pontevedra, obtén o Premio Xove Empresario de Galicia 2021
Por Redacción |
-
Faunos entre mariscos e seres de fantasía pola cidade: impactantes imaxes para promocionar Pontevedra en Fitur
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
De Bueu á La Isla de las Tentaciones
Por Alejandro Espiño |
-
Os Black Stones, o primeiro grupo de rock que actúa en "La Voz Senior"
Por Alejandro Espiño |