Para os populares os orzamentos municipais "non reflicten as necesidades de Poio"
Por Oskar Viéitez
O portavoz do PP de Poio, Ángel Moldes, critica que os orzamentos municipais que acaba de presentar o grupo de goberno (BNG + PSOE + Avante) son uns orzamentos "incompletos, que chegan tarde e que non teñen en conta a situación da pandemia que estamos a vivir".
Moldes critica que as contas do tripartito apostan por "políticas continuistas e non adaptadas as necesidades de Poio e derivadas desta pandemia".
Engade o portavoz do PP que o capítulo de investimentos, que ten uns 615.000 euros, supón "tan só un 4,4% de todo o orzamento, e non teñen diñeiro para poder levar a cabo estes investimentos".
Ademais Ángel Moldes sinala que "non contemplan ningunha partida específica para achegar o 20% ao plan de rescate para a hostalería que propuxo a Xunta de Galicia, as deputacións e FEGAMP e onde a Xunta achegaría o 50%".
Unha vez máis o Partido Popular insiste en que o Concello de Poio, tamén nestes orzamentos "sobe os impostos aos veciños e que moitas das taxas, aínda estando conxeladas hai varios anos, seguen sendo das máis caras de Galicia como pode ser o lixo e os vaos"
Por último, Moldes resaltou que BNG, PSOE e Avante Poio elaboraron un orzamento "sen falar con ninguén, nin colectivos profesionais, veciñais, culturais, deportivos e moito menos co partido da oposición".
Relacionadas:
-
O pleno de Poio rexeita a moción do PP na que pedía ao goberno local de Pontevedra a reapertura de Raíña Vitoria
Por Redacción |
-
O PP defende o investimento da Xunta en Poio durante 2021, que sitúa en sete millóns de euros
Por Redacción |
-
As asociacións e colectivos de Poio participan na análise dos orzamentos do 2021
Por Redacción |
-
O goberno local aproba o orzamento máis alto da historia de Poio
Por Redacción |
-
Poio presenta un orzamento de récord, 13 millóns, e de marcado carácter social
Por Redacción |