Tres falecementos este domingo en Montecelo e a área sanitaria xa supera o centenar de mortes por covid-19
Por Redacción
101 vítimas por coronavirus. A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés xa superou a barreira psicolóxica do centenar de falecementos por culpa da pandemia. Este domingo 24 de xaneiro, a Consellería de Sanidade notificaba a morte de tres persoas no Hospital Montecelo.
Os mortos por covid-19 nesta xornada son tres homes, de 55, de 81 e de 87 anos de idade. Os tres, segundo os datos ofrecidos polo Servizo Galego de Saúde contan con outras enfermidades nos seus cadros clínicos.
Con estas tres mortes a semana péchase cun balance preocupante ao rexistrarse o deceso de dez pacientes pola pandemia no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, onde permanecen este domingo 15 pacientes na Unidade de Coidados Críticos.
Na provincia tamén falecía outro home, no Hospital Álvaro Cunqueiro. Tiña 68 anos de idade. Ademais no Complexo Hospitalario da Coruña morrían cinco pacientes, catro homes de 67, 77. 83 e 86 anos e unha muller de 86 anos. Outro home, de 67 anos, perdía a vida no Complexo Hospitalario de Ourense e no Hospital de Verín falecía outro home de 86 anos, procedente do Asilo Hogar Santa María.
A Consellería de Sanidade tamén notificaba a morte este domingo de tres mulleres, de 56, 87 e 86 anos, que se atopaban nas residencias Pai Menni de Betanzos, DomusVi de Carballo e DomusVi de Vimianzo.
Segundo o Servizo Galego de Saúde, as 14 vítimas notificadas este domingo contaban con patoloxías previas nos seus historiais. Galicia alcanza xa a cifra de 1.622 persoas falecidas desde que se informa das mortes derivadas da pandemia.
Relacionadas:
-
A área sanitaria alcanza os 1.818 pacientes con infección activa de coronavirus
Por Oskar Viéitez |
-
Usuarios do Hospital Provincial alertan de aglomeracións no espazo para realizar analíticas
Por Redacción |
-
Aumenta a presión hospitalaria: 117 persoas están ingresadas na área sanitaria por covid
Por Anxo Lourido & Mónica Patxot |
-
Unha muller de 70 anos falece por covid no Hospital Montecelo entre as catro vítimas que se rexistran este sábado na provincia
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Un paciente de 74 anos, vítima 97 na área sanitaria, nunha xornada con 15 falecidos por covid en Galicia
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
18 falecementos este xoves en Galicia por covid, entre eles dous homes no Hospital Montecelo
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Un matrimonio, de 81 e 80 anos, falece o mesmo día vítima do covid-19 no Hospital Montecelo
Por Redacción |
-
Unha muller de 57 anos, primeira falecida por covid en Montecelo sen que se lle coñeceran enfermidades previas
Por Redacción |